O Concello quere converter o Are More nunha "referencia dentro do panorama musical"
O programa do Are-More 2005 está xa cerrado, case tres meses antes da inauguración deste festival, o próximo 22 de outubro. Na súa presentación, o concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves, dixo aspirar a convertelo nunha "referencia dentro do panorama musical".
O concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves, presentou hoxe mércores o Festival de Música de Vigo Are-More 2005, cuxo programa quedou cerrado case tres meses antes da súa inauguración, que será o próximo 22 de outubro. O Festival, que se clausurará o día 7 de decembro, pretende, en palabras de Ignacio López-Chaves, converterse nunha "referencia dentro do panorama musical, non só de Galicia, senón tamén de España",
O programa do Are-More 2005 ten como principal novidade a súa división en cinco ciclos: "As imaxes do amor", "Encontros crepusculares", "A formación de públicos no Are-More", "A guitarra en concerto" e "Pódium novos intérpretes galegos". Ignacio López-Chaves resaltou a importancia do ciclo "A formación de públicos no Are-More", de cara ao achegamento á música clasica de nenos e familias e á creación dun público para futuras edicións do Festival, así como para outras actividades culturais organizadas polo Concello, entre elas as que se celebrarán no Auditorio, unha vez que este se constrúa. Dentro deste mesmo ciclo inclúese a primeira obra producida especificamente para o Are-More, "La Cenicienta", de Pauline Vierdot.
A clausura do Festival correrá a cargo de Anne Sofie von Otter, "unha das mellores sopranos do mundo", segundo Ignacio López-Chaves. Von Otter fará un repaso ás obras de amor e desamor do barroco inglés e italiano. Este concerto, como o de inauguración, no que a Wienner Akademie interpretará a Haendel, poderán gozarse no Teatro-Cine Fraga ao prezo de 20 euros a entrada.
O orzamento do Are-More 2005 é de 550.000 euros, cantidade á que contribúen coa súa axuda a Fundación Caixa Galicia, a Xunta de Galicia e diversas empresas. O director artístico do Festival, Roberto Relova, agradeceu o interese das entidades colaboradoras e do departamento de Cultura do Concello na "proxección e apoio á cultura". En opinión de Roberto Relova, o Are-More tense convertido nunha cita destacada da música clásica ao contar coa presenza "das mellores voces de finais do século XX e principios do XXI".
Para máis información sobre o Festival pódese visitar a páxina web www.festivalaremore.com.
Descargar todas as imaxes