A Corporación Municipal recibiu aos nenos saharauís do programa "Vacacións en Paz"
19 nenos e nenas saharauís pasarán dous meses en Vigo ao formar parte do programa promovido pola ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, "Vacacións en Paz". A alcaldesa organizou unha recepción para eles no Concello e agradeceu a solidariedade das familias de acollida.
A alcaldesa Corina Porro xunto con outros membros da Corporación Municipal recibiron hoxe aos nenos saharauís do programa "Vacacións en Paz", así como ás familias que os acollen. Este programa de acollida promovido pola ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí permitiu a chegada de 19 nenos e nenas saharauís de ata 11 anos a Vigo e permanecerán na cidade durante dous meses.
A alcaldesa agradeceu ás familias de acollida a súa solidariedade e dixo que a aposta do Concello pola integración sociolaboral de todos os colectivos empeza polos máis cativos. Unha das coordinadoras do proxecto, Fatma Mohamed, destacou a importancia dos nenos saharauís, "o futuro do Sáhara e os nosos mellores embaixadores", e engadiu que tamén son, en certo modo, embaixadores de Vigo no Sáhara, xa que ao remate da súa estancia na cidade, non deixan de falar dela.