Convocadas as bolsas Fundación Laxeiro-Afinsa á creación artística
A Fundación Laxeiro, co patrocinio do Grupo Afinsa, convoca a segunda edición das bolsas Fundación Laxeiro-Afinsa á creación artística. Dotadas cunha cantidade de 3.000 euros, a elas poderán concorrer proxectos expositivos pensados para desenvolver durante a próxima temporada na sala B da Fundación Laxeiro.
Estes proxectos deberán estar asinados por artistas galegos ou residentes en Galicia, que non teñan cumprido os 36 anos ao fin do prazo da presente convocatoria.
Con esta iniciativa, a Fundación Laxeiro e o Grupo Afinsa renovan o seu convenio de colaboración para apoiaren os novos creadores da nosa Comunidade Autónoma. Este acordo cérrase, por parte do Grupo Afinsa, cunha colaboración económica de 6.000 euros, que servirá para a dotación da propia bolsa e de parte dos gastos de montaxe e edición de catálogo do proxecto gañador.
Os organizadores esperan que a participación sexa cando menos tan exitosa como a da edición anterior, á que se presentaron 26 proxectos cunha media de calidade moi satisfactoria.
O gañador da primeira edición foi o artista compostelán Antón Cabaleiro. Cabaleiro, ademais de recibir o premio en metálico, logrou facer a súa primeira exposición individual en Galicia, na sala de exposicións temporais da Fundación Laxeiro. Co título de "Coexistencias pacíficas", esta mostra ofreceu unha reflexión sobre a influencia dos medios de comunicación no home contemporáneo.
As bases da convocatoria poden consultarse no documento anexo a esta noticia, na páxina web www.laxeiro.es ou retirarse na súa sede, na rúa Policarpo Sanz, 15, 3º.
O prazo de presentación de proxectos remata o vindeiro día 1 de novembro.
Descargar todas as imaxes