Samil conta con 150 novas prazas de aparcadoiro
Ata 4 novas superficies para o aparcamento de vehículos foron habilitadas na praia de Samil.
A concelleira de distrito Soledad Polo informou da ubicación dos novos aparcamentos de Samil, aínda pouco coñecidos pola maioría dos usuarios pero xa a disposición de quen o desexe. Os catro novos aparcamentos veñen sinalados cun cartel que avisa de que son aparcamentos públicos e provisionais, totalmente de balde. O de provisional quere dicir que o seu futuro depende do que disponga o PXOM despois da súa aprobación definitiva.
Os novos parkings están formados por dous pequenos, dunhas 20 ou 25 prazas cada un situados detrás do hotel de Samil; e dous máis grandes, duns 2.000 metros cadrados e o dobre de prazas, para uns 50 coches, situados na avenida de Samil 55 e o seguinte uns 50 metros máis adiante, aínda que non tan á vista xa que se atopa pola parte de atrás da cerreteira.
As explanadas habilitadas para os novos parkings pertencían ao Concello e foron limpadas e preparadas para este fin.