O Concello negocia con Le Figaro para que Vigo acolla a súa regata de navegantes solitarios
O Concello de Vigo iniciou negociacións con Le Figaro para que a regata de navegantes solitarios que organiza este importante xornal parisino se dispute nas nosas augas. Desta e doutras regatas trataron a alcaldesa, Corina Porro, e Carlos Sande e Manolo Seoane, representantes da Semana do Atlántico, nunha reunión mantida hoxe xoves.
O Concello de Vigo iniciou negociacións coa dirección do xornal parisino Le Figaro para que a regata de navegantes solitarios que organiza este diario se dispute nas nosas augas. Nesta regata, que reúne máis de cen xornalistas, participan 50 embarcacións de toda Europa.
Le Figaro mostrou a súa vontade de que esta regata, a máis importante do mundo de navegantes solitarios, teña lugar en Vigo. A proba podería celebrarse na primeira semana de agosto de 2006 ou xa en 2007. É probable que o Concello convide o director de Le Figaro a vir a Vigo para coñecer a cidade e a súa ría.
Por outra parte, Carlos Sande e Manolo Seoane presentáronlle á alcaldesa a Semana do Atlántico, regata que se disputará do 21 de outubro ao 4 de novembro, antes da saída da Volvo Ocean Race. Nela participarán arredor de 800 barcos de vela de todas as clases, desde a optimist ata os cruceiros, vindos de oito países de Europa. O Concello espera que esta Semana do Atlántico sexa unha festa do mar previa á saída da Volta ao Mundo de Vela.
Ademais, o Concello vaise por en contacto co presidente mundial da clase optimist para que Vigo sexa declarada meeting internacional desta clase de embarcación. Na actualidade soamente a localidade de Riva del Garda, situada á beira do lago de Garda, nos Alpes italianos, detenta este privilexio.
Por último, Corina Porro confirmou que participará na primeira etapa da regata Rías Baixas a bordo da embarcación Etea, antigamente chamada Aifos. Esta primeira etapa discorrerá entre Vigo e Sanxenxo, o próximo 11 de agosto. Cento vinte barcos participarán nesta proba, organizada polo Club Naáutico de Vigo e que durará cinco días.
Descargar todas as imaxes