Boomerang Interview, rival do C.D.V. Fútbol Sala no Torneo Ciudad de Vigo
O catalogado como mellor equipo do mundo porá a proba ao equipo vigués na V edición do trofeo de verán que se está a converter nun dos máis prestixiosos da pretemporada.
A concelleira de Deportes, Lucía Molares, asistiu hoxe venres á presentación do Trofeo Ciudad de Vigo de Fútbol Sala, que este ano chega á súa V edición coa expectativa de ser a mais importante das realizadas ata agora a nivel organizativo e deportivo.
O rival do Club Deportivo Vigo Fútbol Sala nesta edición será o prestixioso equipo Boomerang Interview, que pasa por ser o mellor equipo do mundo grazas ao seu amplo historial e palmarés que inclúe 15 campionatos de Liga, 8 de Copa, 6 Supercopas, 2 Copas de Europa e 1 Campionato do Mundo de clubes.
O Cidade de Vigo é un dos torneos de pretemporada mais importantes do Fútbol Sala, por eso o Concello de Vigo, o seu máximo valedor, volve apostar firmemente por el tras un parón entre os anos 2001 e 2003. Equipos como o Talavera, Caja Segovia e El Pozo de Murcia forman parte do seu palmarés.
O aforo esperado para o torneo deste ano, dada a entidade do rival, debe ser igual ou mellor que os 3.500 espectadores que acudiron a ver ao Pozo de Murcia o ano pasado. Este aforo sería asinado sen dubidar por todos os equipos de División de Honor do Fútbol Sala durante a temporada regular e amosa un grande interese na cidade de Vigo polo fútbol sala de elite.
O Club Deportivo Vigo Fútbol Sala espera que este torneo sexa un éxito, ao igual que a nova temporada que comeza e que supón un pequeno xiro na súa planificación global, entre outras cousa pola práctica remodelación da plantilla, a chegada dun novo adestrador, o obxectivo de asentar as categorías inferiores e a aposta polo fútbol sala feminino.