O Pavillón do Berbés acolle desde mañá o I Open Cidade de Vigo de coches de radiocontrol
O 6 e 7 de agosto vai ter lugar o I Open Cidade de Vigo de coches de radiocontrol MiniZ. Este evento inclúese na programación de verán da Concellería de Xuventude "Verán Xove" e celebrarase no Pavillón do Berbés.
Para a realización desta actividade, a Concellería de Xuventude conta coa colaboración do Club Deportivo "Zetiña RC". O obxectivo do Open é dar a coñecer esta modalidade de ocio e ser un punto de encontro e referencia para os afeccionados e as afeccionadas.
O evento dará comezo o sábado 6 de agosto, ás 10:00, e ata as 22:00 poderán realizarse adestramentos e probas cos coches. Tamén está previsto poñer uns modelos a disposición do público para que todo aquel que o desexe poida comprobar como funcionan.
O domingo, día 7, a partir das 10:00, terán lugar as clasificatorias e finais. As categorías nas que se competirán serán Serie e Modificados.
Este Open de MiniZ está enmarcado dentro do Plan Nexus, proxecto cofinanciado pola Concellería de Xuventude e a Comisión Europea co fin de dinamizar a participación xuvenil na nosa cidade.
Descargar todas as imaxes