Aprobados inicialmente os regulamentos de instalación de alumeado e obras de xardinería
A Xunta de Goberno Local deu luz verde aos proxectos de regulamento que deberán ser ratificados polo Pleno tras un prazo de 30 días para reclamacións ou suxestións. A Xunta aprobou tamén as obras de reparación de beirarrúas no barrio de Coia.
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe luns en sesión ordinaria o expediente de contratación do proxecto de reparación xeral de beirarrúas no termo municipal de Vigo. As obras, na súa maior parte, afectan ao barrio de Coia, con actuacións en rúas como Redondela, Tomiño, A Guarda, Mondariz, Caldas de Reis, Bueu, Moaña ou Porriño, e contan cun orzamento de 140.000 euros.
A Xunta aprobou tamén os proxectos de regulamento das instalacións de alumeado público e das obras de xardinería dentro do termo municipal. O regulamento do alumeado consta de 4 capítulos e 17 artigos que afectan a cuestións como os requisitos xerais das instalacións (valores luminotécnicos, potencia instalada, centros de mando, redes de alimentación, soportes...), normativa de aplicación, redes soterradas, sobre fachada, aéreas, fontes de luz, alumeados ornamentais, control de calidade ou recepción das instalacións e prazo de garantía.
Pola súa parte o regulamento municipal de obras de xardinería consta de 9 capítulos, 58 artigos e 2 disposicións finais que afectan a cuestións como a normativa xeral, a normativa sobre terras e modificación de solos (análise de terras, augas, fertilizantes, demolicións, escavacións, terrapléns e recheos...), normas sobre elementos vexetais (condicións de plantación de diversas especies), normas sobre camiños, sobre rego, mobiliario, zonas de xogo, drenaxe e recollida de augas pluviais e control das obras.
Descargar todas as imaxes