Aberta a inscrición do Campionato do Mundo de Boat GP
Vigo albergará as probas correspondentes ao Campionato do Mundo de Boat GP e o Campionato Europeo, que será o Gran Premio Cidade de Vigo.
A segunda proba do Mundial 2005 de GP Boats se celebrará en Vigo entre o 13 e o 15 de agosto, e aínda que xa confirmaron a súa participación máis de vinte equipos, o tratarse dunha clase aberta os corredores poden inscribirse ata o día anterior ao inicio da competición. Esto quere dicir que a cifra de pilotos é case unha sorpresa ata o final, o que engade un aliciente máis a esta espectacular competición de motonáutica.
O Campionato do Mundo Boat GP-ING Real Estate se desenvolve durante tres xornadas, e en cada unha delas se celebrarán competicións diferentes. O sábado 13 de xullo, a dársena de Bouzas acollerá pola mañá adestramentos libres e dúas eliminatorias. Estes adestramentos cronometrados son de especial interese, xa que neles se deciden os postos que ocuparán na parrilla os pilotos ao día seguinte. É un sistema similar ao da Fórmula 1 de automobilismo, aínda que no caso dos Boats GP non é a unha volta, senón que os pilotos teñen unha hora e un máximo de 14 voltas para facer o seu mellor tempo. Desta forma, cando conseguen o mellor resultado esperan, e cando alguén o mellora volven a competir.
Pola tarde do sábado se celebrará a proba de velocidade UIM Speed Record do Campionato do Mundo. É un dos momentos máis espectaculares da competición, porque os corredores buscan facer o tempo máis curto, o que lles leva a forzar as súas máquinas ata o límite. Nesta proba os pilotos utilizan as mesmas hélices coas que competirán ao día seguinte no Mundial.
O domingo 14 pola mañá haberá adestramentos libres e xa pola tarde comezará a disputarse o campionato do mundo. Esta é a proba de maior importancia destes tres días de competición. O gran favorito é o sueco Jonas Andersson, pero é probable que en Vigo lle planten cara varios corredores, polo que a emoción está garantida.
O luns 15 a competición se desenvolverá integramente pola mañá, comezando cos adestramentos e disputando despois o Gran Premio Cidade de Vigo. Este trofeo é a maior novidade da cita de Vigo, pois é a primeira vez na historia que se organiza un Campionato Europeo a unha proba. Os corredores sairán a por todas, xa que o gañador desta competición será, automaticamente, Campión de Europa. É, por tanto, unha cita case máis emocionante que a do Mundial, xa que se decide o título europeo. Segundo o promotor do Mundial, o vigués José Luis del Palacio "esta será unha proba única" que non convén perderse.
Descargar todas as imaxes