O Concello aportará medidas preventivas que melloren o decreto-lei que prohibe o lume e a pirotecnia nas festas populares
Mañá xoves reunirase unha comisión de traballo no Concello para aportar medidas que enriquezan o decreto-lei promulgado polo Goberno e que impide o lume e o lanzamento de foguetes durante a celebración de festas.
Os concelleiros José Manuel Figueroa e Antonio Coello mantiveron hoxe mércores unha reunión cos presidentes das comisións de festas das parroquias para abordar a incidencia do real decreto sobre incendios forestais que afecta á celebración das romarías populares.
O real decreto-lei 11/205 do 22 de xullo afecta a determinadas festas gastronómicas e tradicionais pola prohibición de acender lume "en todo tipo de espazos abertos...", así como o lanzamento de foguetes e o uso de material pirotécnico.
José Manuel Figueroa explicou que a reunión serviu para confirmar o malestar das comisións de festas polo que o decreto perxudica o habitual desenvolvemento destas. O concelleiro dixo que mañá xoves reunirase ás 8,30 horas da mañá unha comisión de traballo con técnicos do Concello dos departamentos de Seguridade, Tráfico e Medio Ambiente, o secretario xeral e representantes dos distintos colectivos afectados para tratar de aportar diferentes medidas preventivas que melloren o decreto e co obxectivo de que poidan seguir celebrándose as festas e romarías en anos sucesivos.
Figueroa explicou que o Concello de Vigo pretende ser pioneiro na creación de medidas preventivas de seguridade que impidan a creación e propagación dos incendios sen danar as festas, tan importantes para as parroquias durante os meses do verán. "Entendemos as medidas restrictivas dado o sucedido en Guadalaxara e outras provincias, pero pensamos que hai alternativas que permiten a celebración de festas. En todo caso, pretendemos presentar o noso traballo, aínda que só sexa como suxestión para a mellora do decreto", explicou o concelleiro José Manuel Figueroa.
O decreto lei prohibe expresamente acender lume en espazos abertos e en particular:
- A queima de rastroxos, pastos e restos da poda.
- Acender lume nas áreas de descanso da rede de estradas.
- Acender lume, a ceo aberto, nas zonas recreativas e de acampada, incluídas as zonas habilitadas para elo.
- A eliminación de residuos mediante a queima ao aire libre.
Queda prohibido, ademais:
- A circulación de vehículos de motor polas pistas forestais nas que non existan servidumbres de paso.
- A utilización de maquinaria e equipos nos montes e áreas rurais situados nunha franxa de 400 metros arredor salvo autorización expresa.
- A introducción de material pirotécnico.
Descargar todas as imaxes