A Comisión de Seguimento da Depuradora xa está constituída
Baixo a dirección do concelleiro José Manuel Figueroa e coa participación de técnicos do Concello, da Axencia Intermunicipal da Enerxía e do xefe do servizo municipal de Medio Ambiente, constituíuse a Comisión de Seguimento Ambiental EDARES de Vigo.
A Comisión de Seguimento Ambiental EDARES de Vigo quedou constituída hoxe martes baixo o mando do concelleiro de Medio Ambiente José Manuel Figueroa. Esta comisión permanente está formada polos enxeñeiros do Concello Sergio González Prada e Álvaro Crespo, o xefe do servizo de Medio Ambiente, Jesús Núñez, e dous representantes da Axencia Intermunicipal da Enerxía.
José Manuel Fiogueroa xa adiantara o luns que o grupo de Goberno estaba a valorar a posibilidade de crear un departamento específico para dedicarse ao seguimento dos asuntos da depuradora e esta comisión non tardou en constituírse definitivamente.
O concelleiro explicou que mantén conversacións constantes cos afectados e que os avances no entendemento entre ambas partes son considerables. En canto á situación técnica da depuradora, o concelleiro explicou que se detectaron unha serie de anomalías que se están corrixindo e que a solución verá nalgúns casos a corto e noutros a medio prazo.
Chema Figueroa recordou tamén que entre as peticións que a alcaldesa Corina Porro remitiulle ao presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, como prioridades da cidade de Vigo de cara á preparación dos Orzamentos Xerais do Estado para o exercicio 2006 se inclúe nun lugar destacado a nova depuradora.