Escoitar

A rúa Teixugueiras acolle aos primeiros habitantes do polígono de Navia

A rúa discorre paralela ao segundo cinto desde a avenida Europa. Os primeiros veciños de Navia xa poderán empadronarse en Vigo e acceder ao servizo postal.

martes, 9 ago 2005
En virtude do acordo plenario aprobado no seu día pola Corporación, a rúa Teixugueiras acolle aos primeiros habitantes do polígono de Navia, que xa poderán empadronarse no Concello e acceder ao servizo postal. A rúa Teixugueiras discorre paralela ao segundo cinto desde a avenida Europa. Nesta rúa, xa foron numerados os bloques 12, 18, 19, 28 e 30.

Os edificios do polígono de Navia estaban construídos e ultimados, e as vivendas foran recibidas xa por varios residentes. O Concello notificará ao longo destas semanas aos presidentes das comunidades de veciños esta decisión.