Comezan a chegar a Vigo os primeiros equipos do Campionato do Mundo Boat GP
A ría de Vigo comeza a prepararse para un dos acontecementos náuticos do verán, o Campionato do Mundo Boat GP-ING Real Estate. Entre os equipos que van achegándose á cidade, o noruegués Stromoy, que está formado só por mulleres.
A ría de Vigo comeza a prepararse para un dos acontecementos náuticos do verán, o Campionato do Mundo Boat GP-ING Real Estate, que se disputará en augas da cidade entre o 13 e o 15 de agosto.
Os primeiros equipos están xa viaxando cara a Vigo, e está previsto que empecen a chegar a partir do mércores. O venres xa estarán na cidade todos os participantes, xa que é o día no que deben facerse efectivas as inscricións. Ao tratarse dunha clase aberta, a inscrición debe facerse in situ, aínda que xa confirmaron a súa asistencia máis de vinte competidores.
Ademais da súa importancia deportiva, non cabe dúbida de que este Mundial ten tamén unha indubidable vertente económica. Cada equipo despraza normalmente a unhas cinco persoas, pero no caso de Vigo, ao disputarse tres probas no lugar das dúas habituais, moitos equipos viaxan con máis persoal do normal. Esto quere dicir que este fin de semana haberá na cidade unhas trescentas persoas relacionadas co Mundial de Boats GP, unha gran noticia para a hostalería e o turismo de Vigo.
A competición que se vai disputar en Vigo repartirase en tres xornadas. O sábado 13 haberá adestramentos e a proba oficial de velocidade UIM Speed Record. O domingo 14 adestrarase pola mañá e pola tarde se disputará a proba clasificatoria do Mundial 05 de Boat GP. A gran novidade chegará o luns 15, xa que, por primeira vez na historia do Mundial, se disputará un Campionato Europeo, o Gran Premio Cidade de Vigo. O título dispútase a unha soa proba, polo que a emoción está garantida.
Entre os equipos que chegarán a Vigo entre o mércores e o venres destacan os favoritos, o sueco Jonas Andersson e o letón Gennady Tuckovs. Pero sen dúbida para o gran público resultará aínda máis rechamante a presenza do único equipo feminino desta clase. É o noruegués Stromoy Racing Stars on Water, liderado por Marit Stromoy, todo un personaxe no seu país, cantante e piloto de GP Boats. Este equipo, integrado sobre todo por mulleres, sole clasificarse nos postos medios da táboa.
Descargar todas as imaxes