Presentado un novo proxecto de telecontrol do sistema de saneamento de Vigo
O concelleiro José Manuel Figueroa presentou hoxe mércores o proxecto de telecontrol que se aplicará desde principios do ano que vén ás estacións de bombeo do colector da marxe da ría, aos tanques de tormenta do colector do Lagares e ás estacións depuradoras de augas residuais do Lagares e de Teis.
O proxecto de telecontrol do sistema de saneamento de Vigo suporá un investimento por parte do Concello de 1.200.000 euros. Contará cun enlace entre o centro de supervisión de Aqualia e o Concello por medio de comunicacións microondas. O novo sistema basearase en autómatas programables de altas prestacións. Todos os bombeos dotaranse de medida de nivel ultrasónico con control de bombas e electrónica intelixente e programable, así como con rearmes térmicos a distancia das instalacións.
As prestacións do sistema inclúen o desenvolvemento de novas funcionalidades, ademais dos servizos de consultoría e xestión da calidade, nos que figuran a consultoría de proceso e estado das plantas depuradoras e a xestión de calidade executada baixo estándares ISO 9001 e 14001.
Por outra parte, a flexibilidade do sistema incide na capacidade de ampliación deste en sinais de cara á súa futura instrumentación, así como no crecemento das instalacións, con novos bombeos e novas depuradoras. Este sistema flexible baséase en estándares de software e hardware abertos, o que comporta unha garantía de mantenibilidade, escalabilidade e flexibilidade en integradores do sistema.
O concelleiro José Manuel Figueroa fixo unha valoración "moi positiva" deste proxecto de telecontrol. Segundo Figueroa, o Goberno municipal está a tomar "iniciativas para o control da depuración na nosa cidade que non se tomaron nos últimos oito anos".
Pola súa parte, o enxeñeiro municipal Álvaro Crespo afirmou que o proxecto presentado hoxe "permitirá un gran avance no sistema de depuración das augas residuais de Vigo". Álvaro Crespo resaltou as melloras que este proxecto traerá no control dos verquidos e no mantemento do sistema de saneamento do Concello de Vigo.
Descargar todas as imaxes