Caballero participou na Asemblea xeral de socios do Círculo de Empresarios de Galicia

luns, 21 mai 2018

A alcalde acudiu esta mañá á Asemblea xeral de socios do Círculo de Empresarios de Galicia, un encontro no que tamén estiveron presentes, entre outras autoridades, os presidentes de España e Galicia, Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijóo, respectivamente. Durante o acto, ratificouse a Patricia García como nova presidenta desta institución, en substitución de Juan Güell, quen desempeñou este cargo durante os últimos tres anos.