Escoitar

O alcalde destaca Conxemar como a referencia internacional da xente do mar

Abel Caballero participou este martes na inauguración da vixésima edición de Conxemar que este ano amplía nun 20% a súa capacidade grazas ampliación do recinto feiral. "Esta feira é o éxito dos homes e das mulleres do mar", sinalou o rexedor.

martes, 2 out 2018
1538494845Conxemar_01.jpeg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este martes na inauguración da vixésima edición da Feira de Produtos do Mar Conxelados (Conxemar) no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) e destacou o traballo feito polos impulsores do evento dende finais do século pasada para converter a cita nunha "referencia para a xente do mar".

Durante o seu discurso na inauguración de Conxemar, o rexedor comprometeuse a trasladar ao ministro de Fomento a petición para a mellora dos accesos ao instituto feiral. "Acepto todos os retos, incluído os accesos ao Ifevi, están proxectadas tres rotondas nas inmediacións do aeroporto e nada se sabe desde hai seis anos", indicou antes de sinalar que este mesmo mércores trasladará a petición ao ministro de Fomento, José Luis Ábalos, na súa visita ao Concello de Vigo.

"Mañá saberao o ministro, estará en Vigo e exporeillo en nome de todos, está planificado desde hai dez anos e quedaron paradas hai seis", asegurou.

A vixésima edición da Feira Conxemar contará este ano coa presenza de 740 empresas e 48 países, coa totalidade da superficie expositiva ocupada, tras as obras de ampliación que permitiron gañar 5.000 m2 adicionais. Estas obras, para as que o Concello achegou 2.000 m2, permitirán que Conxemar alcance este ano un máximo histórico en canto ao número de expositores, un 20% máis que en 2017. Nesta liña, a organización confía en superar tamén os 31.370 visitantes do ano pasado.
Descargar todas as imaxes