xoves, 4 outubro 2018

"Estou feliz porque é a primeira vez que un ministro ven á cidade a garantir o AVE a Vigo"

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, valorou os compromisos ofrecidos polo titular de Fomento, José Luis Ábalos, durante a súa visita á cidade e avanzou que o estudo hidroxeolóxico da Alta Velocidade terá un custe de 1,5 millóns de euros. AVE por Cerdedo, túnel da autovía A55, enlace da AP9 en Buenos Aires, humanización da Avenida de Madrid e accesos ao Ifevi foron os puntos destacados polo rexedor.

O alcalde traslada o seu apoio aos traballadores e usuarios de POVISA

xoves, 4 out 2018

Logo de reunirse este xoves co comité de empresa do centro hospitalario, Abel Caballero ofreceu o seu respaldo aos 1.420 traballadores e 140.000 usuarios asignados ao centro hospitalario, que temen polo seu emprego e a súa asistencia sanitaria pola "indesexable presión" da Xunta de Galicia. O alcalde reclama á Xunta solución a un "insuficiente" concerto con POVISA: "non voume quedar de brazos cruzados".