O alcalde celebra o "desbloqueo" do AVE directo Vigo-Madrid e dos accesos viarios á cidade
O ministro de Fomento, José Luis Ábalos, visitou este mércores o Concello de Vigo, unha reunión "extraordinariamente satisfactoria" na que, tras "cinco anos agardando", se desbloqueou a conexión directa do AVE Vigo-Madrid, a autovía alternativa ao Vigo-Porriño por túnel, a remodelación da Avenida de Madrid e o novo enlace Teis-centro á altura da Avenida Bos Aires.