Caballero anima aos nenos a coidar e protexer as Illas Cíes "para que dentro de 2.000 anos permanezan igual que agora"
Centos de escolares participan hoxe e mañá nos talleres "Illas Cíes, Patrimonio da Ciencia", na Porta do Sol.
Un centenar de nenos participaron esta mañá nos talleres "Illas Cíes, Patrimonio da Ciencia", na Porta do Sol. Esta actividade, que forma parte da candidatura das illas á Unesco, achega a nenos e maiores durante todo o día de hoxe e mañá dunha forma amena e educativa as peculiaridades científicas que fan que este espazo mereza ser nomeado Patrimonio da Humanidade.
"Conseguir este nomeamento é importante para que as Illas Cíes estean dentro de 2.000 anos tal e como están agora e tal e como llas atopou o emperador Julio César hai dous séculos", explicou o alcalde aos nenos.
Caballero animou aos participantes a poñer o seu granito de area neste obxectivo "coidando a flora e a fauna das illas en todo momento". E desexou aos nenos que "cando sexades maiores e quizais vos convertades en investigadores, científicos, xornalistas ou, mesmo, alcaldes desta cidade, sempre teñades presente a necesidade de seguir coidando deste tesouro".
Os talleres, nos que os nenos realizan diversos experimentos científicos, están abertos hoxe e mañá pola mañá aos escolares e polas tardes, de 17.00 a 20.00 horas, a todo o público.
Descargar todas as imaxes