luns, 8 out 2018
Os datos do Ministerio de Facenda revelan que Vigo abona as súas facturas en 13,32 días de media, mentres que as Comunidades Autónomas tardan 33,3 días, a Administración Central paga en 50 días e as entidades locais, en 63,4 días. Abel Caballero subliña o "modelo de xestión eficaz" de Vigo, que ademais ten superávit, débeda cero e cumpre o teito de gasto.<br />
martes, 2 out 2018
Abel Caballero participou este martes na inauguración da vixésima edición de Conxemar que este ano amplía nun 20% a súa capacidade grazas ampliación do recinto feiral. "Esta feira é o éxito dos homes e das mulleres do mar", sinalou o rexedor.
xoves, 9 ago 2018
O Pleno do Consorcio da Zona Franca aprobou os seus orzamentos para o vindeiro ano 2019. O alcalde valorou que dos 41 millóns de investimentos que prevé, un total de 39 sexan na cidade de Vigo. "Coa chegada de David Regades, cambia a forma de entender a Zona Franca", sinalou Caballero.
luns, 6 ago 2018
Abel Caballero pediu este luns á Xunta de Galicia que suprima o coñecido como "céntimo sanitario", a taxa que aplica na venda de gasolina e gasoil na comunidade autónoma. O alcalde avanzou que levará ao seguinte pleno unha moción para reclamar a supresión do imposto.
venres, 20 xul 2018
Anunciouno este venres o alcalde tras ser aprobadas as ordenanzas fiscais. A non aplicación do IPC do 1,5% supón un aforro de 2,8 millóns para a cidadanía, explicou Caballero, quen engadiu que as motos de máis de 125cc verán rebaixado o seu imposto noutro 10%. A presión fiscal viguesa, a menor das urbes galegas, vese reducida nun 1,5% en termos reais.
luns, 16 xul 2018
Tras entrevistarse coa Federación de Usuarios do Porto de Vigo, Abel Caballero explicou que acordaron, "e trasladareino ao Goberno de España", aumentar o número de membros dos consellos de administración portuarios para dar máis presenza aos usuarios, e reducindo dietas para aforrar custes.
mércores, 11 xul 2018
O alcalde de Vigo recibiu este mércores no Concello de Vigo aos representantes das asociacións de enxeñeiros industriais que organizarán o II Congreso Internacional sobre Prevención e Seguridade Industrial 4.0. Abel Caballero comprometeuse a dar apoio as colectivos Ageinco, Aprosal e Coitivigo-Cgeti para poder desenvolver as actividades do congreso.
mércores, 11 xul 2018
O alcalde resaltou hoxe a importancia de que Vigo sega a ser o concello de España que mellor paga aos seus provedores, segundo datos da Asociación de Autónomos de España que ratifica ano a ano o Ministerio de Facenda. A Deputación de Pontevedra ocupa o segundo lugar desta clasificación de entidades pagadoras.
luns, 25 xuñ 2018
O alcalde de Vigo instou a AENA a implementar un servizo de atención e información para os usuarios do aeroporto con voos cancelados ou desviados. A cifra de afectados desde a desactivación do ILS alcanza xa as 18.000 persoas. <br />
mércores, 6 xuñ 2018
Expertos de todo o mundo en cumprimento normativo participan hoxe e mañá no Primeiro Congreso Internacional Compliance na Industria Pesqueira.