mércores, 31 xan 2018
O Pleno tomou coñecemento hoxe mércores do informe correspondente ao último trimestre do 2017. O edil de Facenda, Jaime Aneiros, explicou que Vigo abona as facturas nunha media de quince días, mostra da "boa xestión económica" do Concello, cando a media das urbes españolas supera os tres meses.
xoves, 25 xan 2018
O alcalde destacou que, grazas á "boa xestión" do goberno local, a cidade logrou o ano pasado aforrar máis de 12,2 millóns de euros pero alertou de que o Ministerio de Facenda impide que ese diñeiro sexa "reinvestido nos propios vigueses".
mércores, 24 xan 2018
O Concello pechou o ano 2017 cunha media de pago a provedores de -13 días, mentres que o dato de decembro foi de -19 días (49 días antes do final do prazo legal), polo que repite como a primeira administración local española. O alcalde destacou a importancia que ten este feito para as empresas e para a economía.
mércores, 10 xan 2018
A FEMP acordou unha reforma da plusvalía que permitirá aos contribuíntes pagar un 20% menos e sempre no caso de que realmente obteñan beneficios na compra venda. Esta modificación, ademais, dotará de seguridade xurídica aos cidadáns e ás administracións locais.
luns, 8 xan 2018
O alcalde considera "incomprensible, indebido e intolerable" a decisión do Ministerio de Facenda de rebaixar a súa achega ao Consorcio en 17 millóns respecto ao ano anterior. <br />
xoves, 16 nov 2017
O Pleno da Corporación deu luz verde este xoves ás contas do Concello para o próximo ano, que ascenden á cifra récord de 256,5 millóns e que reservan 34,7 millóns para investimentos. O goberno de Vigo citou como prioridades do documento a política social, os servizos públicos de calidade e o investimento xerador de emprego.
venres, 3 nov 2017
O alcalde felicitou aos promotores dos tres catálogos de pesca conxelada que esta mañá se presentaron na Cooperativa de Armadores. Estas publicacións son unha recopilación das accións que se están a levar a cabo en tres ámbitos: medio ambiental, económico e social.
xoves, 2 nov 2017
O Concello de Vigo contará cun orzamento de máis de 256 millóns para 2018, un 10% máis do que recollían as contas do ano en curso. Tal e como recalcou o rexedor, este aumento rexístrase nunha situación de débeda cero, coa presión máis fiscal máis baixa de Galicia e con superávit durante sete anos consecutivos. Os investimentos pasan de 16 a case 34 millóns grazas a achegas da Unión Europea e da Deputación.
mércores, 25 out 2017
O edil de Facenda expuxo no Pleno celebrado este mércores o informe trimestral de Tesourería sobre o pago das obrigas, apuntando que Vigo paga aos provedores 12,4 días antes de que comece o prazo legal. Amais deu conta das Liñas Fundamentais do Orzamento de 2018 e da execución de gastos e ingresos do vixente.
mércores, 25 out 2017
O prazo de vixencia da colaboración entre o Concello e o IGVS esténdese catro anos máis. Co apoio de tódolos grupos municipais saíu adiante o cambio de uso de dúas parcelas do Plan Parcial Quirós para a construción dun pavillón en Sárdoma.