Escoitar

Vigo é a primeira cidade española en pago a provedores

O Concello pechou o ano 2017 cunha media de pago a provedores de -13 días, mentres que o dato de decembro foi de -19 días (49 días antes do final do prazo legal), polo que repite como a primeira administración local española. O alcalde destacou a importancia que ten este feito para as empresas e para a economía.

mércores, 24 xan 2018
Vigo é o municipio de España (entre as grandes capitais) que mellor paga aos seus provedores. Así o indican os datos de decembro de 2017, cando o Concello pagou en -19 días, é dicir, 49 días antes de que finalizase o prazo legal para liquidar as facturas a provedores. Ademais, na media anual de pago en 2017 o dato foi de -13 días.

O alcalde destacou este mércores que Vigo foi de novo a cidade co mellor dato de pago a provedores. "Levamos moitos anos sendo o municipio que mellor paga aos provedores entre as 10.000 unidades pagadoras que hai en España", apuntou Abel Caballero.

Segundo os últimos datos oficiais, a Xunta de Galicia pechou 2017 con +7 días, mentres que ningún concello galego aproximouse aos datos de Vigo: A Coruña (+19), Santiago (+34), Ourense (+26), Pontevedra (+8) e Lugo (-6). En España, tamén con datos de novembro, as grandes cidades estiveron lonxe: Madrid (+8), Barcelona (-3), Zaragoza (+1), Sevilla (+54), Valencia (-1), Murcia (+30), Gijón (+13), Valladolid (+2) e Málaga (-4).

"É moi importante pagar en tempo e forma porque evitamos que os empresarios teñan que utilizar as súas pólizas e créditos, seguimos mellorando, xa superamos á Xunta en 26 días e a maquinaria ten un funcionamento case perfecto, porque en Vigo sabemos moito de economía e sabemos o importante que é para as empresas, somos unha máquina de incentivar a economía da cidade", apuntou Caballero.