O goberno de Vigo destina 670.000 euros a formar a 165 menores de 30 anos
A Xunta de Goberno Local aprobou este martes a clasificación de ofertas -antiga adxudicación provisional- para a contratación dos servizos de formación do programa "Vigo polo emprego da mocidade", informou Abel Caballero. O Concello impartirá cursos de creación e xestión de microempresas, páxinas web e hostelería, entre outros.
Este programa, sufragado ao 80% con fondos europeos, é "da maior importancia", en verbas de Abel Caballero, pois formará a 165 persoas menores de 30 anos, cun tope de 15 beneficiarios por curso.
A formación inclúe creación e xestión de microempresas, confección e publicación de páxinas web, cociña, restaurantes e bar, comunicación en linguas extranxeiras, sensibilización en igualdade de oportunidades e alfabetización informática.