Escoitar

O Concello de Vigo, á cabeza das grandes cidades de España no pago a provedores

Os datos do Ministerio de Facenda revelan que Vigo abona as súas facturas en 13,32 días de media, mentres que as Comunidades Autónomas tardan 33,3 días, a Administración Central paga en 50 días e as entidades locais, en 63,4 días. Abel Caballero subliña o "modelo de xestión eficaz" de Vigo, que ademais ten superávit, débeda cero e cumpre o teito de gasto.<br />

luns, 8 out 2018
O alcalde fixo referencia ás últimas estatísticas publicadas polo Ministerio de Facenda no tocante ao pago a provedores, con 13,32 días de media no caso do Concello de Vigo.

Caballero valorou o "importante" dun pronto pago por parte das administracións de cara a evitar tensións de tesourería ás empresas que prestan servizos. Así, o rexedor comparou o dato de Vigo cos das principais cidades de España: A Coruña (53 días), Palma (46 días), Murcia (27 días), Madrid (22 días), Sevilla (66 días) ou As Palmas (51 días).

O do Concello de Vigo é un "modelo de xestión eficaz", aseverou o alcalde, pois engade ao prazo de pago das facturas o superávit, a débeda cero e o cumprimento do teito de gasto esixido.