Vigo apoia o II Congreso Internacional sobre Prevención e Seguridade Industrial 4.0
O alcalde de Vigo recibiu este mércores no Concello de Vigo aos representantes das asociacións de enxeñeiros industriais que organizarán o II Congreso Internacional sobre Prevención e Seguridade Industrial 4.0. Abel Caballero comprometeuse a dar apoio as colectivos Ageinco, Aprosal e Coitivigo-Cgeti para poder desenvolver as actividades do congreso.