xoves, 12 xullo 2018

O goberno local interpón un segundo recurso contra a obriga de financiar os centros de día da Xunta

xoves, 12 xul 2018

O goberno local interporá un novo recurso contencioso-administrativo contra a Xunta por obrigar por lei ao Concello a abonar 550.000 euros polos centros de día de Valladares, Teis e Coia e polas escolas infantís de Palencia e Valladares, de competencia autonómica, un "abuso contra os dereitos constitucionais do Concello", en verbas do alcalde de Vigo. Tal e como explicou o rexedor, para os centros de día o Concello ten que achegar 345.000 euros e outros 205.000 para as escolas infantís, o que supón máis de medio millón de euros anuais.

O alcalde reitera á Xunta que aplique a chamada "lei Vigo" para poder construír o pavillón de Matamá

xoves, 12 xul 2018

Abel Caballero reclamou de novo esta mañá á Xunta que aplique a Lei 3/2016- coñecida como "Lei Vigo"- para cambiar o uso do solo no que o Concello quere construír un pavillón en Matamá. Criticou os seis meses de silencio que garda o Executivo autonómico desde que o Goberno local trasladou unha petición na que "non pedimos cartos, senón que cumpran as leis".

Vigo organiza o ciclo de conferencias "Falemos de Cíes" para promover a candidatura a Patrimonio da Humanidade

xoves, 12 xul 2018

Abel Caballero anunciou este xoves que o Concello organizará entre xullo e decembro un ciclo de conferencias para promover a candidatura de Illas Cíes á Patrimonio da Humanidade. "Vigo segue así coa súa folla de ruta de promoción de Illas Cíes cunha candidatura que conta co respaldo da cidadanía e da comunidade científica nacional e internacional", destacou o alcalde.

O Concello recibe a visita de 70 nenos saharauís acollidos por familias viguesas

xoves, 12 xul 2018

O alcalde deu este xoves a benvida a 70 nenos saharauís que foron acollidos este verán por parte de familias viguesas. Mohamed Zerga, novo delegado saharauí en Galicia, destacou que Vigo é o primeiro municipio de Galicia e dos primeiros de Europa en acollemento de nenos do Sahara e Abel Caballero comprometeuse a aumentar o financiamento o vindeiro ano no caso de que máis pequenos viaxen á cidade. O Concello de Vigo xa colabora co programa sufragando a viaxe dos nenos.