O Concello cooperará coa Asociación Provivenda na acollida de migrantes
O alcalde de Vigo reiterou o compromiso do Concello de cooperar cos migrantes que chegaron a España no Aquarius dos que 8 están en Vigo atendidos pola Asociación Provivenda. Logo de manter un encontro coas responsables desta entidade, avanzou a súa vontade de asinar un convenio desde a FEMP.
O alcalde cualificó de "gran labor" o traballo que está a desenvolver a Asociación Provivenda que está a acoller en Vigo a oito migrantes do Aquarius. Tal e como explicou, unha vez que o Goberno de España determine o estatus destas persoas, Concello cooperaría con esta ONG no desenvolvemento da vida destas persoas "nunha cidade acolledora como Vigo". Neste contexto, emprazou ás responsables desta entidade á asinar un convenio de colaboración desde a FEMP dado que teñen gran experiencia neste tipo de accións. Alugan vivendas para os refuxiados ou persoas en situación de especial vulnerabilidade, actúan de garantía e dan seguridade aos propietarios.