Caballero: "Hai un cambio radical na posición do Goberno de España: sensibilidade e gañas de resolver os problemas dos municipios"
A xuntanza entre o presidente da Federación Española de Municipios (FEMP) e a ministra Meritxell Batet foi o preparatorio da entrevista que Abel Caballero manterá co presidente do Goberno, Pedro Sánchez. Modificación da regra de gasto para Entidades Locais e recuperación da capacidade de xestión en políticas sociais, asuntos tratados na reunión da FEMP co Ministerio de Política Territorial e Función Pública.
O presidente da FEMP, Abel Caballero, e a ministra de Política Territorial e Función Pública, Meritxell Batet, abordaron este martes a Lei de Racionalización e Sostenibilidade da Administración Local (LRSAL) de cara a permitir que os consistorios recuperen a xestión en materia de Educación e Servizos Sociais perdidas coa norma. Trátase dun dos principais temas traballados no marco da primeira reunión que ambos manteñen desde que Batet tomase posesión do cargo hai arredor dun mes, unha xuntanza na que ademais falouse sobre a regra de gasto, taxa de reposición de efectivos ou plusvalía municipal.
Respecto á regra de gasto exponse unha reforma que permita aos Gobernos Locais unha maior marxe de actuación en políticas ou investimento social. Nesta liña, outro dos temas analizados foi o relativo ao uso do superávit por parte dos municipios en aqueles destinos máis necesarios para dar atención á cidadanía e que poida utilizar sen necesidade de que estea incorporado na Lei de Orzamentos.
Sobre a reposición de efectivos municipais, o obxectivo principal é dotar a municipios, Diputacións, Cabildos e Consellos Insulares de persoal capacitado para reforzar e dar resposta aos retos que ten que afrontar na actualidade a Administración Local.
Presidente e ministra tamén falaron sobre a plusvalía municipal, de cara á tramitación do Proxecto de Lei acordado coa Federación, que aporte seguridade xurídica á actuación dos municipios. Ademais, prepararon a reunión que o presidente do Goberno manterá proximamente co presidente da FEMP de maneira simultánea cos das Comunidades Autónomas.
Para o presidente da FEMP, Abel Caballero, a xuntanza de hoxe supón "un cambio radical na posición do Goberno de España e do Ministerio de Política Territorial e Función Pública", o que, ao seu xuízo supón que "imos no bo camiño e o lle quero transmitir a municipios e deputacións meu optimismo. O que eu percibo neste Goberno, e así o trasladarei na seguinte Xunta de Goberno, é o mellor que podo percibir: sensibilidade e gañas de resolver problemas dos municipios, que ao final é resolver problemas dos cidadás".
Descargar todas as imaxes