Escoitar

Caballero remodela o goberno local e Javier Pardo asume as competencias de David Regades

O alcalde de Vigo anunciou este luns que o concelleiro Javier Pardo asumirá as competencias que deixa David Regades tras o seu nomeamento como delegado do Consorcio da Zona Franca de Vigo. O Concello celebrará un pleno o vindeiro 18 de xullo no que se tomará coñecemento da renuncia do segundo tenente de alcalde e edil de Fomento.

luns, 9 xul 2018
Abel Caballero informou este luns dos novos cambios que xa decidiu no seu equipo de goberno logo da saída do segundo tenente de alcalde, David Regades, como delegado da Zona Franca. O novo mandatario do consorcio vigués deixará o seu cargo no Concello o vindeiro mércores, nun pleno extraordinario, e será Javier Pardo o que asuma as competencias de Fomento, Limpeza e Contratación.

"O nomeamento de David Regades como delegado é unha grande nova para esta cidade, fun eu quen llo expuxo ao presidente do Goberno de España porque creo que era momento de facer que todas as institucións que traballan na cidade fósemos na mesma liña", sinalou o alcalde durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.

Caballero explicou tamén que "desde que son eu alcalde sempre houbo formas de entender diferentes ás que criamos desde a Alcaldía, agora esas diferencias desaparecerán, porque Regades é un bó coñecedor da cidade, primeiro desde a empresa e logo como concelleiro.

O alcalde de Vigo indicou que falou directamente con Pedro Sánchez e coa ministra de Hacienda para o nomeamento de Regades. "Quero darlle a benvida, mostrar a miña satisfacción e transmitir o pulso da cidade, que foi unánime para mostrar a súa satisfacción, desde os sindicatos aos traballadores e empresarios, todo o que recibo son parabéns", engadiu.

"Algo moi importante está pasando, o proxecto de Vigo que iniciouse hai 11 anos xa ten o apoio da Deputación e agora tamén incorpórase a Zona Franca, a boa sintonía co Porto desde que está o novo presidente e tamén o apoio do Goberno de España marca unha nova etapa, acaban de cambiar las tornas", asegurou.