Caballero esixe a AENA atención e información para os pasaxeiros con voos cancelados ou desviados
O alcalde de Vigo instou a AENA a implementar un servizo de atención e información para os usuarios do aeroporto con voos cancelados ou desviados. A cifra de afectados desde a desactivación do ILS alcanza xa as 18.000 persoas. <br />
Abel Caballero esixiu a AENA que monte un servizo de información para atender as miles de persoas que onte e hoxe, luns, sufriron desviacións ou cancelacións dos seus voos. Atribuíu "á neglixencia" de AENA un caos que xa afecta a máis de 18.000 persoas desde que se adoptou a "inadecuada" decisión de desactivar o ILS apenas un ano despois de ser reparado. Na súa opinión, "este innecesario castigo" chega nun momento no que no aeroporto de Vigo hai 17 destinos diarios polo que as consecuencias e o número de afectados é moito maior. O rexedor criticou o "mal funcionamento" de AENA e lle afeou a "perniciosa" decisión de derivar as culpas ás compañías xa que tamén son afectadas. Rematou pedindo responsabilidades aos dous últimos ministros responsables de Fomento.