martes, 17 out 2006
El concejal de Economía, Javier Guerra, anunció hoy martes un conjunto de execciones para familias numerosas de Vigo, que afectan a varios impuestos y servicios municipales.
luns, 16 xan 2006
O concelleiro de Economía, Javier Guerra, presentou hoxe luns a proposta de orzamento municipal para 2006, que o Goberno local espera ver aprobada polo próximo Pleno. O orzamento, que Javier Guerra cualificou de "ben executado tecnicamente", atinxe unha cifra récord de 207,9 millóns de euros.
mércores, 4 xan 2006
A alcaldesa, Corina Porro, acompañada polos concelleiros de distrito, presentou hoxe mércores o Plan Parroquias, unha proposta que o Goberno municipal quere incluír no orzamento de 2006 e que contempla investimentos nas parroquias por valor de 20 millóns de euros.
luns, 15 nov 2004
Tras un período de estudio por parte dos grupos municipais, o Goberno quere manter reunións diarias co resto dos grupos para a discusión das distintas partidas e acadar o consenso definitivo.
martes, 26 out 2004
O concelleiro Javier Guerra accedeu a unha suspensión de cobranza nos recibos ante as dificultades expostas polos veciños ao non ter previsto este pagamento.
Anuncio <br />
venres, 28 mai 2004
Por Resolución da Alcaldía de 7 de maio do 2004, sinálase o período voluntario de cobranza do tributo taxa pola recollida do lixo vivenda e Exaccións unificadas industriais.
venres, 2 abr 2004
Desde o pasado 30 de marzo están a exposición pública o Padrón sobre vehículos de tracción mecánica correspondente ó ano 2004, ata o día 19 de abril inclusive, na Oficina do Imposto de vehículos de tracción mecánica do Concello, a excepción dos sábados que estará en exposición no Rexistro Xeral, en horario de 9 a 13 horas.
martes, 30 set 2003
A Concellería de Economía e Facenda recalca que o Padrón de Vehículos de Tracción Mecánica iniciará a súa cobranza como ben sendo habitual no mes de marzo e o Imposto de Bens Inmobles no mes de setembro. Desde este departamento municipal queren aclarar que a modificación aprobada o pasado luns día 29 de setembro na Ordenanza Fiscal Xeral recupera a redacción vixente ata o ano 2000 que por problema de índole técnica fora rectificada, o que supón que non existe cambio algún nas datas de cobro.