Exposición pública do Padrón de vehículos

venres, 2 abr 2004

Desde o pasado 30 de marzo están a exposición pública o Padrón sobre vehículos de tracción mecánica correspondente ó ano 2004, ata o día 19 de abril inclusive, na Oficina do Imposto de vehículos de tracción mecánica do Concello, a excepción dos sábados que estará en exposición no Rexistro Xeral, en horario de 9 a 13 horas.

O calendario fiscal de cobranza dos tributos do Concello non sufre variación

martes, 30 set 2003

A Concellería de Economía e Facenda recalca que o Padrón de Vehículos de Tracción Mecánica iniciará a súa cobranza como ben sendo habitual no mes de marzo e o Imposto de Bens Inmobles no mes de setembro. Desde este departamento municipal queren aclarar que a modificación aprobada o pasado luns día 29 de setembro na Ordenanza Fiscal Xeral recupera a redacción vixente ata o ano 2000 que por problema de índole técnica fora rectificada, o que supón que non existe cambio algún nas datas de cobro.

Facenda inicia os trámites para reducir o IAE aos afectados de Urzaiz

xoves, 25 set 2003

A Concellería de Facenda do Concello de Vigo comunica que xa están iniciados os trámites das posibles reduccións do Imposto de Actividades Económicas para as empresas afectadas polas obras do parking de Urzaiz. Desde o departamento que dirixe o concelleiro Miguel Barros asegurase que están cursadas as instruccións para que esta iniciativa se leve a cabo coa maior celeridade, segundo marca a ordenanza municipal, polo que se considera innecesaria a petición realizada polo grupo municipal popular.<br />