O Goberno municipal propón un investimento de 20 millóns de euros nas parroquias
A alcaldesa, Corina Porro, acompañada polos concelleiros de distrito, presentou hoxe mércores o Plan Parroquias, unha proposta que o Goberno municipal quere incluír no orzamento de 2006 e que contempla investimentos nas parroquias por valor de 20 millóns de euros.
Segundo dixo Corina Porro, os investimentos realizados polo Concello no rural durante os últimos mandatos non son suficientes, porque se centraron "en grandes edificios pero non en pór os barrios ao día". A alcaldesa admitiu que "os centros sociais e culturais son bos" pero asegurou que "quedan moitas materias pendentes". Por iso, o Goberno municipal tentará dedicar 20.354.000 euros do orzamento de 2006 a "mellorar os espazos públicos".
Así, as 26 zonas en que se divide o municipio, excluíndo o Centro, serían obxecto de actuacións xa programadas para mellorar o asfaltado de estradas, as beirarrúas, o alumeado, o saneamento, o abastecemento, as zonas verdes, os paseos e os puntos de encontro como as prazas das igrexas, lavadoiros e fontes. Tamén se inclúe neste plan a colocación de 80 marquesiñas.
Corina Porro explicou que o Goberno municipal, ao pretender incluír estas obras no orzamento de 2006, baséase nas mocións presentadas polos grupos políticos a este respecto e aprobadas por unanimidade no Pleno, así como nas peticións dos colectivos veciñais e nos criterios de poboación e extensión de cada zona. Neste sentido, a alcaldesa dixo que "non entendería que os grupos políticos non votasen a favor destes orzamentos" e preguntou: "¿Cómo van dicir que non a mocións e peticións de colectivos veciñais que eles mesmos teñen defendido?".
Dos 20.354.000 euros que suporán estes traballos, tres millóns serán consignados polo Ministerio de Fomento co fin de levar a cabo proxectos que afectarán a varias parroquias, da avenida do Aeroporto á rúa Arquitecto Palacios.
Outras actuacións non están incluídas neste Plan de Parroquias 2006: as do Plan de Infraestruturas Deportivas, que supoñen un millón de euros, e as de arranxo dos espazos que as obras do Segundo Cinto deixaron en mal estado.
Descargar todas as imaxes