Escoitar

Exposición pública do Padrón de vehículos

Desde o pasado 30 de marzo están a exposición pública o Padrón sobre vehículos de tracción mecánica correspondente ó ano 2004, ata o día 19 de abril inclusive, na Oficina do Imposto de vehículos de tracción mecánica do Concello, a excepción dos sábados que estará en exposición no Rexistro Xeral, en horario de 9 a 13 horas.

venres, 2 abr 2004
Os/as interesados/as poderán consulta-lo citado padrón e interpoñer contra os actos contidos nel recurso de reposición previo ó contencioso-administrativo, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó de finalización do período de exposición pública, de conformidade cos artigos 57 da Ordenanza fiscal xeral do Concello e 14.4 da Lei 39/88, do 28 do decembro reguladora das facendas locais.