Escoitar

As Noites máis Vivas dos xoves

O programa de ocio nocturno Noites Vivas terá esta fin de semana un alto contido culinario". A Concellería de Xuventude pretende con esta alternativa ofertar outro tipo de entretemento con variadas opcións para os xoves.

xoves, 1 abr 2004
1080823913noites.jpg
O venres, haberá obradoiros de cociña na A.V.V. de Coia e tamén en Uruguai onde a actividade consistirá na fabricación de pan. Ademais, a oferta cibernética darase en asociacións coma Abertal, Coia, Centro Municipal. de Uruguai, Centro Cívico de Teis e no Castro. Na asociación xuvenil Cancerbero realizarase unha sesión de xogos de mesa e cartas. Haberá tamén obradoiros de cómic en Abertal e de reciclaxe para xogos de rol no Castro.

Tamén o venres están programadas sesións de baile. As persoas interesadas nesta faceta poderán practicalo no pavillón do Berbés con bailes de salón e no centro Cívico de Teis, no que se impartirá salsa e cachamba. Ademais no seu auditorio de camiño Maceiras nº 2 proxectarase a película "Historias Mínimas" de Carlos Sorín. Sinopse: A través dunha viaxe pola Patagonia Arxentina, a película conta a vida de tres personaxes: Don Xusto, un ancián que fuxe da tutela dos seus fillos. María, seleccionada para asistir a un concurso da televisión. Roberto, un vendedor ambulante que anda ilusionada con acadar o amor dunha muller viúva.

O sábado continua a oferta culinaria en Abertal cun obradoiro de cociña, ademais das súas salas multiusos e Internet. No centro Xuvenil da rúa Uruguai aprenderase a facer batidos e tamén xabóns aromáticos. A práctica de ioga está asegurada en Dr Fleming, e realizaranse traballos en coiro, estando dispoñible a sala de ocio con tetería e vídeo e TV. Ademais de dardos e xadrez, e a posibilidade de acceso a internet, o espacio xove do Castro rematará este sábado o obradoiro de reciclaxe para xogos de rol.

Durante os festivos de Semana Santa non se realizarán actividades no programa Noites Vivas, regresando de novo a partires do venres 16 de abril cunha programación variada para todo tipo de público xuvenil.
Descargar todas as imaxes