Escoitar

Escenarios da Reconquista de Vigo "Paso a Paso"

O Museo Municipal "Quiñones de León" organiza, dentro do seu programa conmemorativo da Reconquista viguesa, visitas guiadas polo barrio histórico da cidade, seguindo os pasos do acontecido en 1809.

xoves, 1 abr 2004
As visitas serán totalmente gratuítas e terán lugar todos os domingos ás 11 e 12 horas, dende abril ata xullo. Durarán aproximadamente 45 minutos, nos que a guía levará as persoas asistentes a unha viaxe pola historia da nosa Reconquista, percorrendo os lugares máis emblemáticos e contándolles o acontecido in situ.

O punto de encontro será a praza da Princesa. A guía vestirá de época, polo que será facilmente recoñecibel. Non fai falta facer reservas, o grupo formarase alí mesmo, cun número mínimo de participantes de 6 persoas e máximo de 20.