Escoitar

75 vehículos clásicos participarán no Rally Internacional Costa Atlántica Classic

A concelleira de Turismo, Lucía Molares, presentou en rolda de prensa a primeira edición do Rally Internacional Costa Atlántica Classic , que se celebrará os próximos días 23 e 26 de xuño.

xoves, 1 abr 2004
1080821624rally.jpg
Tratase dunha proba de regularidade, con carácter deportivo-turístico, de tres días de duración, nos que se recorrerá a Costa Atlántica de Galicia e algunhas zonas do interior, con saída de Vigo e chegada a Pontevedra. A participación está limitada a un máximo de 75 competidores en vehículos clásicos
(entre 1940 e 1975) cun alto nivel de presentación.

O percorrido é de tres etapas e a organización intentou recuperar algúns dos máis antigos trazados do Rally ás Rías Baixas . A primeira etapa será polo sur da provincia finalizando en Baiona. La segunda parte de Baiona e chega á Toxa. E a terceira sae de a Toxa ata Mondariz Balneario rematando en Pontevedra.

A proba está patrocinada pola Concellería de Turismo do Concello de Vigo, o Padroado de Turismo das Rías Baixas, Alfa Romeo España, Faro de Vigo e as adegas de Alvariño Valmiñor, co apoio da Fundación Deporte Galego e a consellería de Industria.
Descargar todas as imaxes