venres, 2 abr 2004
O luns, día 5 de abril, celebrara reunión ordinaria a Xunta de Goberno Local a partir das nove da mañá. Entre os asuntos que tratará figura o proxecto de convenio de colaboración con Cáritas Diocesana de Tui-Vigo para desenvolver proxectos de intervención co pobo xitano e cigano que reside na cidade.
venres, 2 abr 2004
Desde o pasado 30 de marzo están a exposición pública o Padrón sobre vehículos de tracción mecánica correspondente ó ano 2004, ata o día 19 de abril inclusive, na Oficina do Imposto de vehículos de tracción mecánica do Concello, a excepción dos sábados que estará en exposición no Rexistro Xeral, en horario de 9 a 13 horas.
venres, 2 abr 2004
Ponse en coñecemento do público en xeral que, por mor das obras de urbanización na rúa Urzáiz, pecharase ao tráfico rodado o sentido de baixada da rúa Cervantes entre Urzáiz e Rogelio Abalde para todo o tráfico, a partir de mañá luns día 05 de abril ás 00,00 horas e por un período aproximado de catro semanas.<br />
venres, 2 abr 2004
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de construcción do segundo cinto de Vigo, estarán pechados ao tráfico o camiño de Sanín (San Andrés de Comesaña), entre o camiño do Castro e a estrada do Zondal, e o camiño do Castro entre o camiño Pedra Branca e o camiño de Sanín, dende as 00.00 horas do luns 05 de abril de 2004, por un período aproximado de duas semanas.