Escoitar

O Goberno presentoulle ao resto dos grupos políticos o proxecto dos orzamentos 2005

Tras un período de estudio por parte dos grupos municipais, o Goberno quere manter reunións diarias co resto dos grupos para a discusión das distintas partidas e acadar o consenso definitivo.

luns, 15 nov 2004
1100535042orzamentos.jpg
O voceiro do grupo de Goberno, José Manuel Figueroa e o concelleiro de Xestión Municipal, Javier Guera, presentaron o proxecto de orzamentos municipais para 2005 ao resto dos grupos políticos. Cun presuposto total de 187.270.443,95 euros, os orzamentos 2005 supoñen un incremento de case o 10% respecto aos de 2003.

O obxectivo do Goberno é darlle un prazo aproximado dunha semana aos grupos municipais para o estudio detido dos orzamentos e, a partir de aí, manter reunións periódicas para discutir os diferentes puntos e chegar a un acordo definitivo para a súa aprobación.

O concelleiro Javier Guerra destacou as cifras de gastos correntes, algo máis de 50 millóns de euros, e o capítulo de inversións, de 19 millóns de euros. Neste senso o Concello ten que facer fronte aos compromisos contraídos en Gobernos anteriores polo que quedaría unha cantidade próxima aos 4 millóns de euros para acometer diversas obras de urxencia previstas polo Concello, de aí a importancia de acadar un consenso que permita a aprobación dos orzamentos. Javier Guerra quixo destacar tamén a reducción significativa dos gastos non productivos, e a dirección dos orzamentos cara a accións que favorezan o incremento da operatividade do Concello.

Tanto Javier Guerra como José Manuel Figueroa mostráronse abertos ao diálogo e á revisión de cada unha das partidas, conscientes de que precisan o apoio dos demais grupos políticos e confiados de que os orzamentos deste ano vexan a súa aprobación definitiva.
1100535042orzamentos.jpg
1100535059figueroa.jpg
Descargar todas as imaxes