A Xunta de Goberno aprobou a rehabilitación do edificio "Atalaia" e o seu acondicionamento como Centro de Día para persoas maiores
A actuación ten un importe de 420.000 euros e respetarase o funcionamento da Escola Infantil emprazada no mesmo edificio.
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a proposta de aprobación da sinatura dun convenio coa consellería de servicios sociais da Xunta de Galicia para a rehabilitación do centro comunitario de usos múltiples "Atalaia" e o seu acondicionamento como Centro de Día para persoas maiores. O edificio será destinado a este servicio na súa totalidade, a excepción da Escola Infantil, que se atopa a pleno funcionamento. O importe da actuación é de 420.000 euros.
Tamén no área de Benestar Social aprobouse o proxecto de convenio entre a consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais e o Concello por un importe de 150.255 euros destinados ao Proxecto Home.
No referente a Patrimonio e Contratación aprobouse a contratación do arquitecto Alberto de Cominges Molíns para a asistencia técnica de redacción do proxecto básico e de execución, e do estudio de seguridade e saúde laboral para a construcción da Escola Infantil Municipal da rúa Palencia, por un importe de 30.000 euros.
En materia de Turismo aprobouse a subvención á Asociación de Comerciantes Zona Centro para o alumeado de Nadal-2004 por un importe de 15.400 euros.
Descargar todas as imaxes