Corina Porro recibiu ao Comité Organizador de Conxemar 2005 para a creación dun comité de seguimento
A finalidade deste comité sería a de facer unha boa e exhaustiva planificación do evento para o ano que ven.
A alcaldesa, Corina Porrro, reuniuse co Comité Organizador de Conxemar 2005 cun punto único na axenda: a constitución dun comité de seguimento para o evento Conxemar 2005, presidido pola alcaldesa e integrado polo Concello de Vigo, o Ifevi e Conxemar.
Nesta primeira reunión o comité acordou facer unha boa planificación para o ano que ven. Unha das iniciativas é a de facer unha proposición á Casa Real para que presida o Comité de Honor e a súa invitación aos actos.
O comité pretende así mesmo a integración de Conxemar dentro dos eventos que se realicen con motivo de Vigo 2005 e plantexar a posibilidade de facer unha conferencia de ministros eses días na cidade.
Descargar todas as imaxes