Escoitar

O club de baloncesto Anfiv presentou o seu novo patrocinador, a empresa Vital-Vigo

O acordo por tres anos converte ao club no Vital-Vigo, e celebra cunha boa noticia a clasificación acadada para xogar a Liga Europea.

venres, 12 nov 2004
1100268440basket.jpg
O club de baloncesto Amfiv presentou hoxe ao seu novo patrocinador, a empresa de promocións e construccións Vital-Vigo. O clube de baloncesto en cadeira de rodas conseguiu a clasificación para xogar en Europa, polo que estaba a ser o único club de élite da cidade que non contaba con patrocinador ata o momento.

Tras asinar un acordo por tres anos, tanto o responsable da empresa, Ignacio Piñeiro, como o presidente de Anfiv, Pablo Beiro, mostraron a súa satisfacción polo acordo. Ignacio Piñeiro tivo palabras de agradecemento para a súa muller Mapi, tamén presente, verdadeira artífice "coa súa tenacidade das implicacións sociais da empresa", dixo.

Desta maneira, o club Anfiv Vigo pasará a chamarse Vital-Vigo.
1100268440basket.jpg
1100268455vital.jpg
Descargar todas as imaxes