Período de cobranza voluntaria do Imposto de vehículos de tracción mecánica
D E C R E T O
Conforme co establecido no artigo 60.1 de Ordenanza fiscal xeral, aprobada por acordo do Pleno do día 25 de decembro de 1995 publicado no BOP 27 de decembro de 1995, e no uso das atribucións que me confiren, resolvo sinalar o período de cobranza voluntaria para o padrón do Imposto de vehículos de tracción mecánica dende o 30 de marzo ao 31 de maio deste ano.
NOTA INFORMATIVA.-
Normas de procedemento para o ingreso dos tributos municipais de cobro periódico e notificación colectiva do Concello de Vigo no presente exercicio:
1º.- O Concello remitirá aos domicilios fiscais dos contribuíntes un aviso de pagamento que consta de tres exemplares, co que se poderá facer o ingreso en calquera entidade de depósito colaboradora na recadación municipal (a práctica totalidade das mesmas), ou ben directamente na oficina da entidade de depósito que presta o servicio de caixa da Corporación sita no interior da Casa Consistorial, ata a data límite de ingreso que se sinala naquel, no horario de caixa establecido por cada entidade para o pagamento dos recibos non domiciliados.
2º.- O ingreso tamén poderá efectuarse a través de INTERNET, mediante tarxeta de crédito ou débito, dende a carpeta cidadán do Concello de Vigo (www.vigo.org), opción oficina virtual pagamento de recibos. Este servicio será totalmente gratuíto para os usuarios, calquera que sexa a entidade financeira emisora da tarxeta coa que se efectúa o aboamento.
3º.- As/os contribuíntes que teñan domiciliado o tributo non recibirán o documento de pagamento, cargándoselles na conta indicada o importe correspondente o último día do período voluntario. As devolucións que se produzan causarán baixa automaticamente no ficheiro xeral de domiciliacións do Concello para exercicios sucesivos.
4º.- As/os contribuíntes que tiveran os seus tributos domiciliados e aínda así reciban nos seus domicilios o documento de pagamento, será porque a domiciliación é incorrecta. Deberán entregar o xogo de documentos na entidade bancaria que o tratará como un cobro de ventá sen prexuízo de que, unha vez asinada a autorización, sexa informatizada a citada domiciliación para exercicios posteriores.
5º-. As/os contribuíntes que por calquera causa deixen de recibir o documento de pagamento poderán solicitar un duplicado en calquera oficina das entidades BBVA, LA CAIXA, CAIXA GALICIA ou CAIXANOVA, ou ben a través da carpeta cidadán do Concello de Vigo, opción oficina virtual impresión de recibos.
EXACCIÓNS MUNICIPAIS
PERÍODO VOLUNTARIO DE COBRANZA
Por Resolución da Alcaldía de data 12 de marzo do 2007, sinálase o período voluntario de cobranza dos tributos:
- IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECANÍCA
Período de cobranza: Do 30 de marzo ó 31 de maio do 2007, ambos os dous incluídos
Forma de pagamento:
Os/as contribuíntes que reciban no seu domicilio fiscal un xogo de impresos para tal fin, poderán efectuar o ingreso NA OFICINA DA ENTIDADE DE DEPÓSITO QUE PRESTA O SERVICIO DE CAIXA sita no interior da Casa Consistorial, de luns a venres e de 8 a 14,30 horas, ou nas entidades colaboradoras que de seguido se indican:
BANCO SABADELL-ATLÁNTICO CAJA MADRID
CAIXANOVA BANCO DE GALICIA
CAIXA GALICIA BBVA
LA CAIXA BANCO PASTOR
CAJA DUERO BANCO SIMEON
CAIXA CATALUNYA
BANCO ETCHEVARRÍA
SANTANDER CENTRAL HISPANO CITIBANK
BANESTO BANCO MAPFRE
BANCO ESPIRITO SANTO BANCO GALLEGO
BANCO POPULAR BANCO ZARAGOZANO
CAJA ESPAÑA IBERCAJA
BARCLAYS BANK
O ingreso tamén poderá efectuarse a través de INTERNET, mediante tarxeta de crédito ou débito, dende a carpeta cidadán do Concello de Vigo (www.vigo.org), opción oficina virtual pagamento de recibos.
Aqueles que non reciban os impresos poderán solicitar un duplicado en calquera oficina das entidades BBVA, LA CAIXA, CAIXA GALICIA ou CAIXANOVA, ou ben a través da carpeta cidadán do Concello de Vigo, opción oficina virtual impresión de recibos.
Rematado o prazo de cobranza no período voluntario, iniciarase o período executivo efectuándose a recadación dos recibos non satisfeitos polo procedemento administrativo de constrinximento sobre o patrimonio do obrigado ó pagamento, consonte co establecido no artigo 161 da Lei Xeral tributaria e 68 e seguintes do Regulamento xeral de recadación.