Escoitar

Actividades para o sábado no programa "Tardes e Noites Vivas"

"Tardes e Noites Vivas" é un programa de ocio alternativo para mozos e mozas, posto en marcha pola Concellería de Xuventude do Concello de Vigo en colaboración con diferentes entidades da cidade.

venres, 30 mar 2007
1175259301vivas.jpg
Algunhas actividades para o sábado:
-Acceso ás novas tecnoloxías: Internet, chat, messenger, bluetooth, conexión wifi, liga de xogos en rede.
-Bailes: Salsa e break-dance.
-Obradoiros: Reflexoterapia, atrapasoños, malabares, a etiqueta no vestir, xabóns aromáticos, cócteles sen alcohol, coiro, abelorios.
-Deportes: Ioga, pachangas, baloncesto e musculación.
-Xogos: Dardos, xogos de mesa, xogos de enxeño, ping-pong, futbolín, etc.
-Espazos para quedar, reunirse, xogar, etc.

Os espazos nos que se poderán desenvolver estas actividades son:
-Espazo Xove do Castro (no Monte do Castro, ao carón da pista de bicicletas): venres e sábados de 17 a 23:00h.
-Pavillón deportivo do Instituto de Ensino Secundario O Castro (r/J.G. Posada Curros, 1. Entrada polo lateral, fronte á pista deportiva): venres e sábados de 22:00 a 1:00h.
-Pavillón Municipal de Deportes do Berbés (r/ Jacinto Benavente,1): venres e sábados de 23:00 a 1:30h.
-Pavillón Municipal de Deportes de Coia (Avda. Castelao s/n): os venres de 23:00 a 1:00h.
-A.X. Cancerbero (r/ Heraclio Botana, 6 Baixo esquerda): os venres de 22:00 a 2:00h.
-A.X. Abertal (r/ Venezuela, 3 - Baixo): os venres de 17:30 a 23:00h. e os sábados de 18:00 a 23:30h.
-A.V. Camiño V. De Coia (r/ Marín, 1): os venres de 19:00 a 22:00h.

Programación completa: na páxina web da Concellería de Xuventude (www.xuventudevigo.org), na Casa da Xuventude (López Mora, 31), stands da Concellería de Xuventude nos diferentes centros comerciais, institutos, etc.

Máis información: Casa da Xuventude (López Mora, 31), Teléfono: 986 294 806 correo electrónico xuventude@vigo.org
Descargar todas as imaxes