Escoitar
Anuncio Persoal

Execución da oferta de emprego público correspondente a 2005

<br />

venres, 30 mar 2007
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, en sesión celebrada o pasado luns 26 de marzo do 2006, acordou a aprobación da lista de admitidos e excluídos nos procesos selectivos derivados da oferta de emprego público 2005 actualmente en execución, así como a determinación dos tribunais cualificadores, lugar, data e horas de celebración dos primeiros exercicios de cada unha das prazas ofertadas.

Pola Concellería-delegada de Xestión Municipal comunícase a todas as posibles persoas interesadas que o documento contén as listas de admitidos e excluídos e pode ser consultado na web municipal "www.vigo.org" (apartado "ofertas de emprego"), informándose de que coa data de hoxe, xoves 29 de marzo do 2007, foi publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Consecuentemente, ábrese un prazo de 10 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio para a aportación de documentación e subsanación de deficiencias nas solicitudes presentadas, de conformidade coas bases xerais e específicas rectoras da devandita oferta de emprego. O dito prazo se inicia o venres 30 de marzo e remata o próximo venres 13 de abril do 2007.

Dita documentación poderá ser presentada no rexistro xeral do Concello de Vigo en horario de 9 a 13.30 h, ou ben nos rexistros de calquera órgano administrativo da Administración Xeral do Estado, Administracións autonómicas e entidades integrantes da Administración Local (neste caso, que teñen suscrito o oportuno convenio) ou oficinas de Correos, na forma e nos térmos do recollido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.