Escoitar

Once novos vehículos, dotados de alta tecnoloxía, conforman o novo servizo da grúa

O próximo domingo, 1 de abril, comezará a funcionar o novo servizo de retirada de vehículos por parte da empresa Setex-Aparki, que xestionará a recollida, traslado e depósito dos vehículos mal estacionados, a súa garda e custodia, así como o cobro das taxas.

xoves, 29 mar 2007
1175171584gruas1.jpg
O novo servizo de grúa disporá de dez vehículos de arrastre de 5.500 kg de PMA, un vehículo grúa de plataforma das mesma capacidade e unha furgoneta para a inmobilización de vehículos.

Cada unha das grúas está dotada dun ordenador que transmitirá, en tempo real, ao deposito municipal e á xefatura da Policía Local os datos de cada servizo e da posición que facilite o GPS; cámara cenital na parte superior da cabina para facilitar a manobra de enganche ao conductor e gravar en vídeo toda a operación para a posible comprobación de danos producidos ao vehículo; cámara de fotografía Wifi coa finalidade de realizar as fotografías ao vehículo infractor e o seu envío directo ao ordenador embarcado na grúa e ao deposito de vehículos e un datófono para permitir o pago coa tarxeta de crédito dos enganches.

Outra novidade é o uso de mensaxes por móbil polo que o usuario poderá coñecer si o seu vehículo foi retirado pola grúa.

Deste xeito, Vigo convertese na primeira cidade de Galicia en aplicar tódolos avance que actualmente permite a tecnoloxía, no servizo de retirada de vehículos en beneficio dos cidadáns.

Ase mesmo, disporase dun teléfono 902 de información e consulta con atención permanente as 24 horas e unha páxina web con información de utilidade para os cidadáns.

As instalacións do depósito destinado á custodia dos vehículos retirados disporá de 12.434 m2 e estará situado na Avenida de Madrid e contará cun edificio de tipo industrial que se construirá nun prazo máximo de dous anos, formado de tres sotanos, planta baixa e dúas plantas altas. Destas instalacións 10.078 reverteran ao Concello ao final da concesión. Mentres durante os traballos de construcción o deposito provisional manterá a mesma situación que o actual.

O pasado 8 de xaneiro a empresa Setex-Aparki resultou adxudicataria no concurso público convocado polo Concello para a xestión da grúa. O contrato terá unha vixencia de 16 anos cunha prórroga por períodos de dous anos ata un máxima de dúas prórrogas.

O novo servizo presentouno esta mañá o concelleiro de Seguridade, Antonio Coello e responsables da empresa Setex-Aparki.
1175171584gruas1.jpg
1175171617gruasdentro.jpg
1175171653grua290307.jpg
Descargar todas as imaxes