Escoitar

A Deputación realizará novos investimentos en Vigo por valor de 1.851.000 euros

A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, asinaron hoxe xoves un convenio para a realización dun conxunto de obras na cidade por valor de 1,3 millóns de euros. A este investimento da Deputación sómanse os xa aprobados para a execución dos centros culturais A Feira, en Cabral (200.000 euros) e de Alcabre (360.000 euros).

xoves, 29 mar 2007
1175168824deputacionconvenio290307.jpg
Con estas cantidades, o investimento total da Deputación en Vigo ascende a 1.851.000 euros. O convenio de colaboración asinado hoxe xoves inclúe o proxecto de pavimentación da rúa Policarpo Sanz e da Avenida de García Barbón ata a glorieta de Isaac Peral (392.060 euros), a pavimentación das rúas Sagunto (48.600), Pizarro (184.000), Colón entre Areal e Policarpo Sanz (53.450), Numancia entre Doutor Canoa e a travesía de Vigo (21.000), Palencia (32.000), da travesía de Vigo entre Bailén e Numancia (260.000), e a reparación de beirarrúas no centro urbano, asignándose para este fin 60.000 euros para cada unha das cinco zonas en que se divide.

O convenio terá vixencia ata a fin de 2008 e poderá prorrogarse sempre e cando existan circunstancias excepcionais debidamente motivadas. Corina Porro adiantou que parte dos traballos incluídos no documento estarán rematados "nuns meses". Ademais, na súa intervención a alcaldesa salientou a importancia dos futuros centros socio-comunitarios de Cabral e Alcabre, xa que "nesas zonas había locais en condicións terribles".

Pola súa parte, Rafael Louzán sinalou que con estes investimentos a Deputación quere "pór en marcha ese novo Vigo" polo que aposta o Goberno local.
Descargar todas as imaxes