Presentada a programación do Verbum para abril
O concelleiro de Cultura, Ignacio López-Chaves, e o director do Verbum-Casa das Palabras, Lois Cea, presentaron hoxe xoves a programación deste museo para o mes de abril, xunto co primeiro número de "Revistum", a revista coa que o Verbum dá a coñecer as súas actividades.
Exposición permanente
Museo interactivo sobre todos os ámbitos da comunicación humana: lingua, literatura, ciencia, tecnoloxía, arte, música, poesía, cultura xeral. Deseñado como un espacio cultural, lúdico e divulgativo no que se pode participar dun modo activo nos elementos expositivos. É, por tanto, un espazo de entretemento que permite experimentar e coñecer, a través de xogos, todo o relacionado coa comunicación.
Exposición "Un mundo de xoguetes"
Ata o mes de xuño. Organiza o Verbum coa Fundación Raquel Chaves, de interese galego. Esta exposición, centrada no lúdico como forma de comunicación, nace coa vocación de incorporar o xoguete, o lúdico, á exposición que acolle o Verbum. O seu obxectivo é a investigación e a recuperación de xogos e xoguetes antigos e de colección, e o seu estudo e divulgación desde unha perspectiva cultural e pedagóxica, ademais da propiamente lúdica.
Exposición "O planeta da igualdade". Cubos M e LL
A exposición concíbese como un espazo interactivo onde podemos aprender cal é o significado da igualdade entre homes e mulleres nos distintos ámbitos da nosa sociedade. "O planeta da Igualdade" forma parte do proxecto "Conta con Elas", dedicado a promover os métodos de loita contra toda clase de desigualdade e discriminación a través da sensibilización en materia de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
Entrada gratuíta para todos os usuarios que queiran visitar só estes dous cubos.
Para todas as exposicións, tanto a permanente como as temporais, o Verbum ofrece visitas comentadas e actividades relacionadas con cada unha delas. Dirixidas a centros escolares e colectivos de adultos. Concertar cita no teléfono 986 240 130.
Pintado de vacas e museo-hospital para a súa restauración
Coincidindo coa celebración na cidade da Cow Parade, desde o 22 de marzo e ata o vindeiro 11 de abril, no Verbum–Casa das Palabras procederase ao pintado das vacas que posteriormente estarán expostas nas rúas viguesas. Calquera interesado poderá achegarse ao museo en horario de apertura ó publico (de martes a domingo, de 10.00 a 19.00 horas) para contemplar os diferentes artistas traballando nas súas obras.
Unha vez comezado o evento, tamén nos espazos do Verbum, instalarase un Hospital de Vacas para arranxar calquera desperfecto nelas ocasionado. Así mesmo, a organización da Cow Parade ofertará, a partir da segunda metade do mes de abril, obradoiros para os escolares. Do mesmo xeito, o propio Verbum organizará actividades relacionadas coa Cow Parade e o pintado de vacas.
Exposición "The Factory. Andy Warhol e Pietro Psaier
Ao longo do mes de abril comezará no museo a montaxe dunha selección de obras do creador da Pop-Art Andy Warhol e un dos seus máis achegados colaboradores, Pietro Psaier. A mostra contará con pezas claves na produción do artista como a "Cadeira Eléctrica" ou a "Sopa Campbell´s".
Datas pendentes de confirmación.
Actividades de fin de semana
Todos os domingos ás 12.00 horas o Verbum ofrece actividades para nenos e nenas e familias. Entrada: 1 € por asistente. Ata completar aforo.
Club de lectura para adultos. Ciclo de primavera
Inaugurado o pasado 16 de marzo con grande éxito, o ciclo de primavera do clube de lectura para adultos celebrará unha sesión por mes, na que se presentará a obra dun escritor recente cunha conferencia por parte do autor ou un experto no mesmo. As obras escollidas versarán sobre diferentes materias, preocurando sempre que sexan temas de actualidade e interese xeral. Serán sesións abertas a todos os públicos ata completar aforo.
No mes de abril o libro seleccionado é "Construir el amor", de J. P. Manglano, e a conferencia celebrarase o mércores 18 ás 20.30 horas.
Descargar todas as imaxes