Exposición sobre "Os traballos artesanais no castro de Viladonga"
O servizo de Patrimonio Histórico organiza unha exposición no Museo Municipal Quiñones de León sobre "Os traballos artesanais no Castro de Viladonga", entre o 30 de marzo e o 30 de abril. Dita exposición amosa diferentes materiais atopados nas escavacións realizadas no Castro de Viladonga, na provincia de Lugo, en concreto, aqueles relacionados con traballos de tipo artesanal ou manual.
Esta exposición forma parte do Programa de Interpretación e Divulgación do Patrimonio Arqueolóxico de Vigo que o servizo de Patrimonio Histórico está a desenvolver , co obxectivo de incentivar, sensibilizar e orientar dun xeito constructivo o interese e a demanda de información da cidadanía polo conxunto do noso legado arqueolóxico, ofertando recursos didácticos e lúdicos que socialicen selectivamente dito legado.
A mostra ofrece tamén a posibilidade de participar nun obradoiro, no que se tentará reproducir os métodos artesanais empregados
Descargar todas as imaxes
A mostra ofrece tamén a posibilidade de participar nun obradoiro, no que se tentará reproducir os métodos artesanais empregados