Escoitar

O orzamento social crecerá en 2019 ata os 17,7 millóns, un 22,3% máis que o ano pasado

O alcalde detallou esta mañá as partidas principais das contas de 2019, que alcanzan a histórica cifra de 257,5 millóns. Trátase dun orzamento equilibrado, con rebaixa de carga fiscal e moi "volcado na xente". Entre outros aspectos, destacou os 2,7 millóns que aumenta a política social respecto ao ano pasado, pasando de 14,8 a 17,7 millóns.

martes, 30 out 2018
1540907893301018Alcalderueda.JPG
Cun montante de 257,5 millóns, "as contas máis altas da historia da cidade", trátase do décimo segundo orzamento aprobado de xeito consecutivo, o que da una mostra dunha estabilidade política total. Está elaborado con equilibrio, débeda cero, impostos e taxas e prezos públicos conxelados -o que significa unha diminución de impostos de 3 millóns de euros - e 7 millóns en bonificacións fiscais, un orzamento "moi volcado na xente", apuntou o rexedor.

O apartado social alcanza este ano os 17,7 millóns, 2,7 millóns máis que o ano pasado, cando a cifra foi de 14,8 millóns, o que supón un crecemento do 22,3 %. Respecto ás partidas concretas, o alcalde referiuse ao Programa socioeducativo e de apoio familiar, que aumenta un 37,33%; ao Servizo no fogar, cun aumento do 30,37%; á Teleasistencia, que crece un 32%, ademais da cofinanciación de centros de día de Teis, Coia e Valladares que impón a Xunta e que supón outros 350.000 euros. Respecto da cooperación, a cifra é de 120.000 euros, un 60% máis que o ano pasado.

O orzamento de educación alcanza os 14 millóns, e nas contas xa consta un un aforro de 600.000 euros no aluguer las aulas da UNED, unha das vantaxes de que sexa público o Auditorio Mar de Vigo. O gasto en profesorado da Universidade a Distancia crece desde os 140.000 aos 200.000 euros, un aumento dun 43%; a cooperación coa Universidade alcanza os 350.000 euros; as bolsas de inglés suben un 1%, cun importe de 1,9 millóns; a limpeza de colexios supón 3 millóns de euros; o subministro eléctrico dos centros educativos alcanza os 545.000 euros; a cofinanciación das escolas infantís das rúas Palencia e Valladares que impón a Xunta é doutros 205.000 euros; o convenio de Foanpas para bolsas de comedor, 605.000 euros; e o transporte escolar, 35.000 euros, un servizo que asume o Concello porque a Xunta de Galicia non cumpre coas súas obrigas.

En Igualdade, destacou a partida da Casa das Mulleres que medra ata os 24.700 euros, o que supón un 128,7% máis que o ano pasado e evidencia a vocación do goberno local de seguir facendo política de igualdade e loitando contra a violencia de xénero. Tamén destacou o apoio ao deporte feminino, que ascende a 138.700 euros.

No tocante ao emprego, o orzamento sube a 5,3 millóns, un 0,5% máis que en 2018. A esta partida de xeración de emprego directo hai que sumar os postos de traballo que se crean coas obras municipais, unha combinación que eleva a 3.500 os traballos xerados grazas as políticas municipais. Os Fondos DUSI reúnen 300.000 euros; os plans de emprego para colectivos desfavorecidos mantéñense en 1,2 millóns e a inserción para mulleres vítimas de violencia de xénero é de 125.000 euros.

Na partida de seguridade aparece un investimento de 147.000 euros para Protección Civil e o orzamento de mantemento de parques e xardíns pasa de 360.000 a 416.000 euros, o que supón un crecemento dun 15% porque cada vez hai máis áreas. Para vixiancia de praias hai destinados 272.000 cun crecemento de case un 5% e o programa Camiño a Camiño contará aumentará nun 12% os seus recursos.

Investimentos
O rexedor tamén degranou o orzamento de investimentos, cun montante de 31 millóns de euros. Novo parque en Bouzas (1ª anualidad): 800.000 euros; Corredor do Lagares: 135.280 euros (1,2 millones en total); ascensor Serafín Avendaño- Estación del AVE: 100.000 euros; Carril Bici Samil-Teis (2ªanualidad): 3.073.000 euros; accesos estación AVE (2ª anualidad): 7.416.000; humanización terrenos ADIF Serafín Avendaño- Canadelo Alto: 350.000 euros; humanización Ronda de Don Bosco: 900.000 euros; humanización García Barbón (entre Rosalía de Castro e Isaac Peral): 900.000 euros; mellora de infraestructuras en parroquias: 430.000 euros; humanización Igrexa Beade- Garrida (2ª anualidad): 1.304.000 euros; humanización carretera Provincial (2ª anualidad): 1.002.000 euros; humanización entorno Rosalía de Castro (entre S.Avendaño y Heraclio Botana): 348.000 euros; humanización rúa Escolas Públicas: 64.000 euros; humanización Calle Colombia (2ª anualidad): 100.000 euros; DUSI Porta do Sol (1ª anualidad): 1.448.000 euros; DUSI ascensor Juan Ramón Jiménez, Valterra-Torrecedeira: 535.000 euros; DUSI. 1ª anualidad accesibilidade centro de Servicios Sociales: 440.000 euros; DUSI Gran Vía 4,5 millóns ; redacción de proxectos: 106.000 euros: Rúas Fragoso, Burgos, Troncoso, Caleira, Simancas, Caldas de Reis, Rosal e Garda; zona verde sobre falso túnel da AP-9 en Candeán: 342.000 euros; melloras e recuperación de zonas verdes e mobiliario urbano: 300.000 euros; parque infantil de rúa Coruña: 1.000.000 euros; Cubrición de patios de colexios: 453.000 euros; recuperación muralla Castro: 75.000 euros (parte municipal do convenio); Cubrimiento Pistas Tenis Samil (2ªanualidad): 50.000 euros; Pabellón Quirós (2ª anualidad): 1.316.000 euros; Pabellón Romil: 821.000 euros; Campo fútbol Carballal (2ª anualidad): 280.000 euros; Pistas baixo grada Río (2ª anualidad): 636.000 euros; inversión campos fútbol (2ª anualidad-convenio Diputación): 1.630.000 euros; modernización mercado de Teis: 50.000 euros; nova sala de lectura Navia: 113.500 euros; nova sala de lectura-biblioteca en Teis: 115.000 euros; compra local anexo ao colexio Pintor Laxeiro: 317.000 euros (para ampliar as instalacións do centro educativo); cubrición centro cultural Becerreira: 210.000 euros; Auditorio Coruxo: 100.000 euros e Panificadora: 3,3 millones. TOTAL: 31 millones euros
Descargar todas as imaxes